sábado, 16 de mayo de 2020

PROTOCOLO TDAH (TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE)

Protocolo de consenso sobre TDAH na Infancia e na Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario.
Este protocolo desenvolve os seguintes aspectos:

- Concepto de TDAH

- Análise da situación do TDAH en Galicia

- Manifestacións do TDAH

- Actuacións por parte dos servizos educativos

- Actuación dos servizos sanitarios

- Anexos


Aquí vos deixo un breve resumo deste protocolo




PROTOCOLO TEA (TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO)

Protocolo de tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA) elaborado pola Consellería de Educación.
Este protocolo desenvolve os seguintes aspectos:

- Concepto de TEA

- Diagnóstico do TEA

- Tratamento educativo do alumnado con TEA

- Avaliación do alumnado con TEA

- Seguimento do tratamento educativo do alumnado con TEA.

- Fontes de información. Recursos web.

- Anexos


Aquí vos deixo un breve resumo deste protocolo.



MATERIAL DISLEXIA

Material de apoyo para la dislexia elaborado por la profesora Juana González García



PROTOCOLO DISLEXIA E OUTRAS DIFICULTADES ESPECÍFICAS DA APRENDIZAXE

Para a intervención psicoeducativa da dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe, a Consellería de Educación elaborou un protocolo que contén os seguintes apartados:

- Delimitación conceptual da dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe.

- Identificación da dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.

- Intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.

- Avaliación curricular do alumnado con dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.

- Recursos TIC para a intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe.

Pincha na imaxe para acceder ao protocolo completo:


Aquí deixo un breve resumo das 87 páxinas que posúe o documento. Pincha na imaxe:






martes, 12 de mayo de 2020

AUTOCONTROL EMOCIONAL

O autocontrol emocional permítenos reflexionar e dominar os nosos sentimientos e emocións.
Os obxectivos que se pretenden alcanzar ao traballar o control emocional son os seguintes:
  • Facilitar estratexias para mellorar a autorregulación emocional.
  • Ensinar técnicas de relaxión, respiración e autocontrol.
  • Mellorar a tolerancia á frustración.
  • Ensinar estratexias para desenvolver o pensamento positivo.
A continuación expóñense materiais e recursos para traballar o control das nosas emocións e sentimentos, algo que se pode facer non só no colexio senón tamén en familia, e que con seguridade aportará boas vibracións ao ambiente familiar.

BANCO DE ACTIVIDADES:

1. Meditación
Cómo axudar aos nenos/as a acougarse e relaxarse? Cómo lograr que se concentren no que fan? A meditación é unha ferramenta sinxela e eficaz, que se adapta perfectamente ás necesidades dos pequenos/as e pódelles achegar beneficios inmediatos.
Pica en cada ligazón para obter distintas meditacións:
1. Tranquilo y atento como una rana
2. La ranita
3. Atención a la respiración
4. El ejercicio del spaguetti
5. El botón de pausa
6. Primeros auxilios para sentimientos desagradables
7. Un lugar seguro
8. La fábrica de las preocupaciones
9. Levantando la moral
10. El secreto del corazón
11. Buenas noches



Outro recurso: "Luz de estrelas". Ofrece unha colección de técnicas sinxelas e eficaces para axudar aos nenos/as a concentrarse, desenvolver a súa imaxinación e conciliar o sono. Clicade na imaxe para ver o libro ao completo.


  2. Mindfulness
O mindfulness é unha forma marabillosa de liberarse dos pensamentos e emocións que nos invaden en cada momento. Sentídesvos frustrados e desacougados nestes días de confinamento? Os xogos mindfulness son una boa forma de fomentar nos nenos/as a capacidade de concentración á vez que se lles ensina a regular as súas emocións e a responder a calquera situación con serenidade.
Guía de xogos mindfulness de Alba Ferreté. Clicade na imaxe.



Máis mindfulness. Un libro de Susan Kaiser que inclúe 60 divertidas actividades. Estas actividades desenvolvidas e probadas durante moitos anos de traballo con nenos/as e familias, están deseñadas para os máis pequenos, pero poden resultar igualmente atractivas e transformadoras para os mozos/as e os adultos. Clicade na imaxe:


3. Ioga con contos:
Dámoslle paso ao ioga co libro de Sydney Solís (narradora de contos e mestra de ioga). Manual para familias e mestres para adentrar aos nenos/as no mundo do ioga a través dos contos. Clicade na imaxe.
Yoga Con Cuentos (Cuentos Para Aprender Yoga): Amazon.es: Solis ...

Ioga con xogos e cancións infantís (Yogic):
Unha boa forma para que pequenos e adultos disfruten, aprendan e compartan a práctica do Ioga.


4. Videoconto:
Un videoconto que lles ensina aos nenos/as a respirar e relaxarse. Clicade na imaxe.





sábado, 9 de mayo de 2020

AUTOCOÑECEMENTO EMOCIONAL

autoconciencia ou autocoñecemento é a capacidade de recoñecer as nosas propias emocións e cómo afectan ao noso estado de ánimo e, por conseguinte, cómo nos comportamos debido a elas. É importante recoñecer a maneira na que o noso estado anímico afecta ao noso comportamento, cales son as nosas capacidades e cales son os nosos puntos débiles.
Por exemplo, este aspecto pódenos axudar a non tomar decisións cando estamos nun estado psicolóxico pouco equilibrado. Tantos si nos atopamos demasiado alegres ou excitados, como si estamos tristes e melancólicos, as decisións que tomemos estarán medidas pola pouca racionalidade. Así pois, o mellor será esperar unhas horas, ou días, ata que volvamos a ter un estado mental relaxado e sereno, co que será máis sinxelo valorar a situación e tomar decisións moito máis racionais.
BANCO DE ACTIVIDADES
- A editorial "Palabras Aladas" proporciónanos o libro AMAR con distintas actividades.
Pinchade sobre o libro e as ligazóns:

Actividade 1                               Actividade 2

- EMOCIONBOT: Os compañeiros e compañeiras do CEIP Milladoiro de Bergantiños comparten esta actividade para axudarnos a expresar e xestionar as emocións.
Clicade na imaxe para descargala:
https://27f58f94-6b06-4c5c-87fe-b114f829df9a.filesusr.com/ugd/d73506_b17cb7364187477790942e48a8b65ecc.pdf

- APRENDE COS NENOS E NENAS A RECOÑECER AS EMOCIÓNS: a tristeza, o enfado, a ledicia...
Clica na imaxe para ver a información ao completo:


INTELIXENCIA EMOCIONAL


Sempre oímos dicir que o cociente intelectual (CI) é un bo indicador para saber si unha persoa será exitosa na vida. A puntuación dun test de intelixencia, dicían, podería establecer unha relación forte co desempeño académico e o éxito profesional. Isto non é en sí incorrecto, pero ofrécenos unha imaxe sesgada e incompleta da realidade.
De feito, os investigadores comezaron a detectar fai unhas décadas que as capacidades e habilidades necesarias para ter éxito na vida eran outras que iban máis alá do uso da lóxica e a racionalidade, e estas capacidades non eran avaliables mediante ningún test de intelixencia.
Proba disto é que comezaron a gañar terreo algunhas teorías da intelixencia que intentaban comprendela desde ópticas diferentes, como a Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner ou a Intelixencia Emocional que popularizou a Daniel Goleman, entre outras.
Si pensamos na transcendencia das nosas emocións na nosa vida diaria darémonos conta rápidamente que son moitas as ocasións nas que éstas exercen unha forte influencia na nosa vida. Gran parte das nosas decisións son influenciadas en maior ou menor grao polas emocións.
O concepto de intelixencia emocional podemos entendelo como a habilidade para xestionar as nosas emocións e relacionarnos óptimamente co noso entorno. Polo tanto, o obxectivo final da intelixencia emocional é a adaptación social.
Inteligencia emocional: el poder de controlar las emociones - Blog ...
Éstas son as 5 habilidades básicas ou competencias da Intelixencia Emocional:
Sandra B. Císcar | Infancia, Inteligencia Emocional y Deporte

TRASTORNO DEL ESPECTRO AUTISTA

 El Trastorno del Espectro Autista (TEA)   es un trastorno cada vez más frecuente de encontrar y que, en ocasiones, puede pasar desapercibid...